![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e1/Logo_Union_Patriotica_%2528Spain%2529.svg/langgl-640px-Logo_Union_Patriotica_%2528Spain%2529.svg.png&w=640&q=50)
Unión Patriótica
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unión Patriótica (UP) foi unha organización política española fundada en Madrid, en abril de 1924, polo ditador Miguel Primo de Rivera como unha asociación de cidadáns, unha asociación de "tódolos homes de boa vontade", que integraría a toda a sociedade e substituiría aos partidos tradicionais aos que consideraba corruptos, para dar soporte ao novo réxime.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Unión Patriótica | |
---|---|
Dereita | |
![]() | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Miguel Primo de Rivera |
Mocidades | Juventudes de Unión Patriótica (JUP) |
Historia | |
Fundación | 14 de abril de 1924 |
Disolución | 1930 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Conservadorismo Nacionalismo español Catolicismo político Monarquismo |
Outros datos | |
Sede | Madrid |
Publicación | La Nación |
Na rede | |
![]() | |
O seu lema era “Patria, relixión, monarquía”. Adheríronse antigos membros do Partido Conservador e militares que querían situarse no novo réxime. O presidente do seu comité nacional foi José Gabilán. Desapareceu tras a caída de Primo de Rivera en 1930.
A Unión Patriótica foi un partido personalista ligado ao mantemento do réxime primorriverista e á personalidade do seu líder. Podería ser cualificada como un partido político circunstancial e oportunista que desaparecería en canto non tivera o apoio do goberno. Como partido careceu do necesario apoio social que lle permitira existir cando desapareceu o réxime da ditadura.