![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/02/UniversitatVic.jpg/640px-UniversitatVic.jpg&w=640&q=50)
Universidade de Vic - Universidade Central de Cataluña
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade de Vic - Universidade Central de Cataluña (en catalán e oficialmente: Universitat de Vic - Universitat Central de Catalunya), (UVic-UCC), recoñecida pola Lei do Parlamento de Cataluña 5/1997, de 30 de maio, é unha universidade de natureza pública e de xestión privada establecida na cidade de Vic, na provincia de Barcelona, rexida pola Fundació Universitària Balmes que preside o alcalde de Vic.
Universitat de Vic | |
---|---|
![]() Universidade de Vic | |
Datos xerais | |
Localización | ![]() |
Datos actuais | |
Reitor | Josep Eladi Baños |
Datos de contacto | |
Páxina web | http://www.uvic.cat/ |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
É unha institución dedicada á educación superior e á investigación mediante a docencia e a formación continuada, e ten os seus fundamentos no principio de autonomía universitaria, expresada na liberdade de cátedra, de investigación e de estudo. A UVic-UCC é membro da Xarxa Vives d'Universitats e ademais de en Vic, ten campus en Manresa e Granollers.
O emblema da Universidade de Vic é o A de Carlomagno, peza de ourivaría carolingia que simboliza os principios do saber e a súa expansión ilimitada. A divisa que orienta á universidade, Scientiae patriaeque impendere vitam, é un verso de Lucano que significa "Dedicar a vida ao servizo da ciencia e a comunidade".