Universidade de Strathclyde
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade de Strathclyde é unha universidade situada na cidade de Glasgow (Escocia, Reino Unido). É a segunda universidade máis antiga da cidade, tras a Universidade de Glasgow. Foi fundada no ano 1796 polo profesor John Anderson, quen fora profesor na Universidade de Glasgow. O desexo do profesor era crear unha universidade especializada en materias prácticas para lograr unha “Aprendizaxe Útil”.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Datos rápidos Datos xerais, Localización ...
Universidade de Strathclyde | |
---|---|
Parte do campus John Anderson | |
Datos xerais | |
Localización | Glasgow, Scotland, Reino Unido |
Datos actuais | |
Reitor | Laurent V.E. |
Alumnos | 19.755 |
Datos de contacto | |
Páxina web | strath.ac.uk |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Na actualidade, a universidade conta cun único campus, o Campus John Anderson (nomeado así na honra do fundador da institución), que se encontra situado no centro da cidade.
A Universidade de Strathclyde organízase en catro facultades:
- Humanidades e Ciencias Sociais
- Enxeñaría
- Ciencias
- Escola de Negocios de Strathclyde (Strathclyde Business School)