From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade Pública de Navarra, abreviado UPNA (en éuscaro: Nafarroako Unibertsitate Publikoa, NUP; en castelán: Universidad Pública de Navarra), é unha universidade pública española, a segunda por número de alumnos existente en Navarra. Conta con aproximadamente 8.000 alumnos en tres campus situados en Pamplona e Tudela.
Universidade Pública de Navarra Nafarroako Unibertsitate Publikoa | |
---|---|
Biblioteca da UPNA | |
Datos xerais | |
Localización | Pamplona e Tudela |
Fundación | 21 de abril de 1987 |
Datos actuais | |
Reitor | Julio Lafuente López |
Alumnos | 8.195 |
Datos de contacto | |
Enderezo | Campus de Arrosadía s/n 31006 Pamplona |
Páxina web | www.unavarra.es |
[ editar datos en Wikidata ] |
A UPNA foi creada en 1987 polo Parlamento de Navarra, por iniciativa do entón goberno socialista de Gabriel Urralburu, co obxectivo de que ampliase a oferta de titulacións existentes e de que reunise as ensinanzas universitarias impartidas en centros públicos que, ata ese momento, actuaban sen a coordinación suficiente.
Xunto coa Universidade de Navarra (privada) e a UNED é unha das tres universidades con sede na capital navarra.
Pódense cursar 22 titulacións oficiais e especialidades de primeiro e segundo ciclo, 23 de grao, e máis de 30 programas de posgrao, ademais de 8 títulos propios en 4 Facultades e 2 Escolas Superiores:
A universidade conta con tres campus:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.