From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade Abat Oliba CEU (en catalán e oficialmente: Universitat Abat Oliba CEU) é unha universidade privada fundada no ano 2003 e situada en Barcelona, Cataluña (España). A súa denominación rende homenaxe á memoria do Abade Oliba.
Universidade Abat Oliba CEU | |
---|---|
Tipo | universidade privada |
Data de fundación | 2003 e 1973 |
Nomeado en referencia a | Abat Oliba |
Sede | Convent del Redemptor |
En | Sant Gervasi-la Bonanova |
País | España |
Na rede | |
https://www.uaoceu.es/ca | |
[ editar datos en Wikidata ] |
É unha das 3 universidades españolas pertencentes á Fundación Universitaria San Pablo CEU, unha institución fundada en 1933 pola Asociación Católica de Propagandistas, organismo creado á súa vez en 1908 polo Pai xesuíta Ángel Ayala.
A Universitat Abat Oliba CEU ten a súa orixe no Centro Universitario Abat Oliba CEU, que creou a Fundación San Pablo-CEU no ano 1973 mediante un convenio de adscrición e colaboración coa Universidade de Barcelona. Iniciou as clases na súa primeira sede da Avenida Pearson de Barcelona o ano 1974 e, desde entón formou a máis de 8.500 licenciados universitarios.
En 1993 trasládase ao Campus de Bellesguard, e como Centro Docente de Ensino Superior Abat Oliba CEU, xa imparte a totalidade das licenciaturas en Dereito e Administración e Dirección de Empresas, así como o primeiro ciclo da licenciatura en Economía.
Dez anos despois, a nova Universitat Abat Oliba CEU é recoñecida pola Lei 20/2003, do 4 de xullo, do Parlamento de Cataluña, creando dous centros en Barcelona: a Facultade de Ciencias Sociais e a Escola Politécnica de Enxeñería.
Ciencias da Comunicación
Ciencias Económicas e Empresariais
Dereito e Ciencias Políticas
Humanidades e Ciencias da Educación
Psicoloxía
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.