Unió Esportiva Santboiana
club deportivo de rugby catalán / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Unió Esportiva Santboiana (tamén coñecida como UES ou Santboiana) é un club deportivo de rugby catalán da cidade de Sant Boi de Llobregat, na provincia de Barcelona. Fundado en 1921, ten a honra de ser o club decano do rugby español. O primeiro equipo compite na División de Honra, a máxima categoría da liga española de rugby, na que saíu campión en 7 ocasións, ocupando o terceiro posto no palmarés histórico do torneo só por detrás do CD Arquitectura madrileño, que gañou 9 ligas, e do CR El Salvador pucelano, que gañou 8. O equipo xoga os seus encontros como local no Estadi Baldiri Aleu, así chamado como homenaxe ó fundador do club. As súas bancadas contan con 1.350 asentos.[1]
Datos rápidos Nome, Alcume(s) ...
Nome | Unió Esportiva Santboiana | |
---|---|---|
Alcume(s) | Ferro, UES | |
Fundación | 1921 | |
Sede | Sant Boi de Llobregat, Cataluña ![]() | |
Estadio(s) | Estadi Baldiri Aleu Sant Boi de Llobregat, Cataluña ![]() | |
Capacidade | 1.350 asentos espectadores | |
Presidente | Miquel Martínez | |
Adestrador | Lewis Williams | |
Capitán | Afa Tauli | |
Liga(s) | División de Honra | |
2015-2016 | 4º (eliminado en 1/4s de final) | |
| ||
Na rede | ||
http://www.uesantboiana.com/uesantboiana/ |
Pechar