Ufoloxía
estudo dos ovnis / From Wikipedia, the free encyclopedia
A ufoloxía[1] (calco do inglés ufology, verba formada a partir das siglas UFO, Unidentified Flying Object, en galego "OVNI" ou "Ovni", por ‘Obxecto Voador Non Identificado’), tamén coñecida como ovniloxía, é o estudo do fenómeno ovni a partir da análise do material relativo ó mesmo: fotografías, vídeos, presuntos testemuños sobre avistamentos, informes de radar, etc., co obxecto de propor hipóteses sobre a súa procedencia.
A ufoloxía é un movemento de investigación de fenómenos aeroespaciais anómalos, que poden estar asociados a fenómenos meteorolóxicos, tecnoloxía aeroespacial humana ou posible tecnoloxía espacial de orixe extraterrestre; esta atópase relacionada con temas tales como os presuntos reportes de abdución, as visitas de dormitorio e os fenómenos de tempo perdido, así como os círculos nas plantacións" ou Crop Circles (xa que unha hipóteses atribúe a súa creación a tecnoloxía extraterrestre), mutilacións de gando ocorridas en diferentes países ou o proxecto Majestic 12.