From Wikipedia, the free encyclopedia
Tyra Lynne Banks, nada en Inglewood (California) o 4 de decembro de 1973, tamén coñecida como BanX,[1][2] é unha personalidade televisiva, produtora, empresaria, actriz, escritora, modelo e cantante ocasional estadounidense. Comezou a súa carreira aos quince anos e foi a primeira muller de orixe afroamericana que apareceu nas portadas de GQ e do número de bañadores de Sports Illustrated, en que apareceu dúas veces. Foi un anxo de Victoria's Secret entre 1997 e 2005. A principios do século XXi, Banks era unha das modelos mellor pagadas do mundo.
Banks comezou a aparacer na televisión en 1993 en O príncipe de Bel-Air, e debutou no cinema en Higher Learning en 1995. En 2000 tivo papeis máis importantes como en Life-Size, de Disney Channel e Zoe no éxito Coyote Ugly. Tamén apareceu con pequenos papeis no filme romántico Love & Basketball (2000) e no filme de terror Halloween: Resurrection (2002), ademais de aparecer nas series de televisión Gossip Girl e Glee.[3][4]
En 2003, Banks creou a serie de telerrealidade America's Next Top Model, da que foi produtora executiva e presentou durante as primeiras vinte e dúas temporadas, ata a súa cancelación en outubro de 2015. Permaneceu como produtora executiva na volta da serie e escolleu a Rita Ora como presentadora da vixésima terceira tempada, antes de reasumir a presentación na vinte e catro. Banks foi cocreadora de True Beauty, e tivo o seu propio talk show, The Tyra Banks Show, que se emitiu en The CW durante cinco tempadas e gañou dous premios Daytime Emmy ao mellor talk show de información. En 2017, substituíu a Nick Cannon como presentadora de America's Got Talent.[5]
En 2010, publicou unha novela para mozos adultos titulada Modelland, baseada na súa vida como modelo, que encabezou a lista de best sellers de The New York Times en 2011. Banks é unha das catro afroamericanos e sete mulleres que lideraron en varias ocasións a lista de xente máis influente do mundo da revista Time.[6][7] Tamén é unha das dezasete modelos que foi considerada supermodelo lendaria por MODELS.com.[8]
Banks saíu co fotógrafo noruegués Erik Asla na década de 2010, e en xaneiro de 2016 tiveron un fillo mediante xestación surrogada.[9] Banks afirma que tende a evitar beber alcol e que nunca empregou drogas recreativas.[10]
Banks falou sobre relacións abusivas no seu pasado. En 2005, preguntada polo seu historial de relacións, indicou, "non empregarei unha morea de nomes do programa, mais unha relación específica non só tivo enganos, senón abuso emocional. Foi realmente mala, mais fíxome forte".[11] En 2009, falou sobre as súas relacións pasadas cando apareceu como invitada en The Oprah Winfrey Show, xunto con Oprah Winfrey. O programa estaba dedicado á violencia nas citas en resposta ao asalto a Rihanna por Chris Brown.[12][13][14]
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1995 | Higher Learning | Deja | |
1999 | Love Stinks | Holly Garnett | |
1999 | The Apartment Complex | Ela mesma | Telefilme |
2000 | Love & Basketball | Kyra Kessler | |
2000 | Life-Size | Eve | Telefilme |
2000 | Coyote Ugly | Zoe | |
2002 | Halloween: Resurrection | Nora Winston | |
2002 | Eight Crazy Nights | Victoria's Secret gown | Voz |
2004 | Larceny | Ela mesma | |
2007 | Mr. Woodcock | Ela mesma | Cameo |
2008 | Tropic Thunder | Ela mesma | Cameo |
2018 | Life-Size 2 | Eve | Telefilme |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.