Tuba (nube)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A tuba é un trazo suplementario das nubes, consistente nunha columna nubrada ou cono nubrado invertido en forma de funil. Está asociado aos tornados.
A súa formación débese á colisión dunha corrente de aire cálido e húmido con outra moi fría, dando lugar a cumulonimbus mammatus. O aire quente sobe violentamente facéndose oco a través do aire moi frío, movemento que se transmite ás capas baixas en forma de remuíño, sinusoidal, expulsando gran parte do aire frío. O aire enrarecido que logra ficar na parte inferior central provoca a condensación do vapor de auga. Fórmase entón a tuba.
É exclusivo do xénero cumulonimbus.