obra literaria de Miguel Anxo Fernández From Wikipedia, the free encyclopedia
Tres disparos e dous friames é unha novela negra de Miguel Anxo Fernández Fernández, publicada en maio de 2008. É a terceira entrega das aventuras do detective de orixe galega residente nos Ánxeles Frank Soutelo.
Tres disparos e dous friames | |
---|---|
Autor/a | Miguel Anxo Fernández Fernández |
Cuberta | Manuel Janeiro |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Literaria nº 259 |
Xénero(s) | Novela negra |
Editorial | Galaxia |
Data de pub. | maio 2008 |
Formato | rústica con lapelas |
Páxinas | 232 |
ISBN | ISBN 978-84-9865-094-5 |
Precedido por | Luar no inferno |
Seguido por | Lume de cobiza |
[ editar datos en Wikidata ] |
Frank Soutelo recibe a visita de Sarah, unha rapaza dunha familia ben da costa leste, que se mudou a Hollywood co propósito de facerse actriz. Solicítalle ó detective que consiga que o seu produtor deixe de abusar sexualmente dela.
O produtor cede ás ameazas de chantaxe de Frank Soutelo, pero no último intre aparece a súa esposa con Sarah. A esposa mata ó seu marido, golpea a Frank coa culata do seu Magnum, e mata a Sarah, escapando cos cartos do seguro de falecemento do marido.
Frank Soutelo perséguea para recuperar o seu millón de dólares. Para iso vai primeiro a Boston, onde se entrevista coa nai de Sarah, e posteriormente a Papeete, na Polinesia Francesa.
Neste libro Frank Soutelo vese acosado desde o principio polas mulleres, practicando o coito con Sarah e recibindo unha felación da muller do produtor. Como nos libros anteriores, reitera o seu gusto polo sexo, así como pola gastronomía galega e polo cine.
Retoma os turbios asuntos de Hollywood que xa analizara en Luar no inferno, como a contratación de mozas que rematan explotadas sexualmente ou a dobre moral dos produtores.
Nesta obra non conta coa axuda de Pat Pérez, a súa secretaria, pero coñece a novos amigos, tamén galegos, que o axudan.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.