Tremarctinos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos tremarctinos (Tremarctinae) é unha subfamilia de mamíferos da orde dos carnívoros e familia dos úrsidos.
- Artigo principal: Úrsidos.
Máis información TremarctinosTremarctinae Rango fósil: eoceno - actualidade, Clasificación científica ...
Tremarctinos Tremarctinae Rango fósil: eoceno - actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Un oso de anteollos no Zoo Tennōji de Osaka | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
|
Pechar
Na actualidade a subfamilia só inclúe un representante vivo Tremarctos ornatus, coñecido na bibliografía como oso de anteollos, única especie de oso de América do Sur.
Á parte desta, están rexistradas varias especies extintas de catro xéneros:
- Unha do xénero Tremarctus: Tremarctos floridanus, da Florida.
- Os chamados "osos de cara curta norteamericanos", dos xéneros Plionarctos (P edensis e P. harroldorum) e Arctodus (A. pristinus e A. simus)
- Os denominados "osos de cara curta suramericanos" do xénero Arctotherium (A. latidens, A. brasilense,[2] A. angustidens, A. vetustum, A. bonariense, A. tarijense e A. wingei.[3]