![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/79/Canton_tower_in_asian_games_opening_ceremony.jpg/640px-Canton_tower_in_asian_games_opening_ceremony.jpg&w=640&q=50)
Torre de televisión de Cantón
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Torre de Cantón (chinés: 广州塔),[1] antigamente coñecida como Torre de televisión de Cantón (chinés: 广州电视台天文及观光塔) e tamén como Torre Guangzhou (chinés: 广州塔), é un edificio de 600m de altitude, localizado no Distrito de Haizhu en Cantón.[2][3] A torre acadou o tope en 2009 e inaugurouse o 29 de setembro de 2010 para os "Xogos de Asia de 2010".[4] A torre foi brevemente o edificio máis alto do mundo, substituíndo á Torre CN, antes de ser superada pola Tokyo Skytree no 2011.[5] Tamén foi o edificio máis alto da China antes de ser superado pola Shanghai Tower o 3 de agosto de 2013. Na actualidade é a quinta estrutura máis alta do mundo.
Datos rápidos Torre de Cantón 广州塔, Edificio ...
Torre de Cantón 广州塔 | |
---|---|
![]() A "Torre de Cantón" durante a cerimonia de apertura dos Xogos de Asia de 2010. | |
Edificio | |
Custo | CNY ¥ 2.803.635.000 |
Enderezo | Yuejiang Road West/Yiyuan Road, Distrito Haizhu |
Localización | Cantón, ![]() |
Coordenadas | 23°06′33″N 113°19′09″L |
Uso(s) | Uso mixto: Restaurante, observatorio e telecomunicacións |
Construción | |
Inicio | Novembro de 2008 |
Remate | 2010 |
Dimensións | |
Altura máxima | 600m |
Altura da azotea | 454m |
Altura da última planta | 445m |
Plantas | 126 |
Superficie por planta | 114.054 m² |
Número de ascensores | 9 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Mark Hemel e Barbara Kuit |
Enxeñeiro estrutural | Arup |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
![]() |
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |