![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/27/Torre_de_H%25C3%25A9rcules_2023.jpg/640px-Torre_de_H%25C3%25A9rcules_2023.jpg&w=640&q=50)
Torre de Hércules
faro na península da cidade da Coruña / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Torre de Hércules é unha torre e faro situado nun cabo da península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo.
Datos rápidos Patrimonio da Humanidade - UNESCO, País ...
Torre de Hércules | |
---|---|
![]() Imaxe da Torre de Hércules. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | |
Tipo | Cultural |
Criterios | III |
Inscrición | 2009 (33ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 1312 |
Pechar
O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO.[1] Deste xeito converteuse no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e a Cidade vella de Santiago de Compostela.[2]