Torre de Collserola
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.
A Torre de Collserola é unha torre de comunicacións situada no Pico da Vilana, preto do Tibidabo (serra de Collserola), no municipio de Barcelona.
Torre de Collserola | |
---|---|
Torre de Collserola | |
Coordenadas | 41°25′02″N 2°06′51″L |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi construída entre febreiro de 1990 e xullo de 1992 con motivo dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 e desde aí realízanse a maioría de enlaces audiovisuais da área metropolitana e a provincia. Esta torre de deseño futurista dispón dun miradoiro público no nivel 10 desde onde se divisa a cidade de Barcelona. Ten unha altura de 288,4 metros e foi deseñada polo arquitecto británico Norman Foster e os enxeñeiros de camiños Julio Martínez Calzón e Manuel Julià Vilardell, e construída por Cubiertas y MZOV, S.A..
Como peculiaridade cabe destacar que a Torre de Collserola posúe tamén servizos de cátering para empresas, onde se pode celebrar calquera evento. Dispón dunha sala de recepción e aperitivo, unha sala polivalente onde se poden participar en reunións de negocios ou empresariais e a planta miradoiro ten unha cabida de ata 100 comensais, onde calquera pode deleitarse coas súas vistas cara a Barcelona ou a comarca do Vallès Occidental.
A Torre de Collserola é membro da Federación Mundial de Grandes Torres.
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre de Collserola |