Torneo de Roland Garros
competición de tenis entre maio e xuño en París / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Tournoi de Roland-Garros (en galego: "Torneo de Roland Garros") é un evento de tenis que se leva a cabo desde finais de maio ata comezos de xuño en París, Francia e é segundo dos torneos mundiais de Grand Slam.
Nome na lingua orixinal | (fr) Internationaux de France de tennis |
---|---|
Tipo | torneo de tenis con múltiples edicións |
Tipo de superficie | terra batida |
Epónimo | Roland Garros |
Organizador | Federación Francesa de Tenis Federación Internacional de Tenis |
Parte de | Grand Slam |
Localización e Datas | |
Localización | Stade Roland Garros (16º distrito de París) 48°50′47″N 2°14′58″L |
País | Francia |
Vixencia | 1891 – |
Calendario da tempada | maio – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | rolandgarros.com |
Comezou como un torneo nacional en 1891. En 1925 o "Campionato Francés" abriuse a competidores internacionais, desenvolvéndose nunha superficie de céspede alternativamente entre o Racing Club de France e o Stade Français. Para o desafío de Copa Davis do ano 1928 construíuse un novo estadio de tenis na Porte d’Auteuil, onde se segue celebrando o torneo. Chamado "Stade Roland Garros" na honra de Roland Garros, un heroe da primeira guerra mundial; ten unha cancha de terra batida (terre battue) que altera o rebote da pelota e o achegamento dos xogadores.
En 1968 o campionato francés foi o primeiro torneo de Grand Slam en ser "aberto", permitindo a competición de xogadores afeccionado e profesionais.
Os gañadores en 1980, Björn Borg, e en 2008, Rafael Nadal, venceron sen perder nin un só set en todo o torneo.