Tisanópteros
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os tisanópteros (Thysanoptera), xeralmente chamados trips, son unha orde de insectos diminutos e delgados con ás con flocos. Desa característica das ás procede o seu nome científico, derivado do grego θύσανος thysanos 'floco' + πτερόν pteron 'á'.[1] Aliméntanse dunha gran variedade de plantas e animais pinchándoos e zugando o seu contido. Moitas especies de trips considéranse pragas agrícolas, xa que se alimentan de plantas con valor comercial. Algunhas especies de trips aliméntanse doutros insectos ou ácaros e considéranse beneficiosas, mentes que algunhas se alimentan de esporas de fungos ou de pole. Foron descritas aproximadamente 6.000 especies. Xeralmente son diminutos (de 1 mm de longo ou menos) e poden voar a grandes distancias axudados polo vento. Nas condicións máis axeitadas, como as dos invernadoiros, moitas especies poden incrementar exponencialmente a súa poboación e formar grandes enxames debido á falta de depredadores naturais, o que os fai unha molestia para os humanos.
Trips Rango fósil: Permiano – Actual (299-0 millóns de anos) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Familias | |||||||||||||
Terebrantia
Tubulifera
|