![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8b/Haiyan_2013-11-07_1345Z_%2528alternate%2529.png/640px-Haiyan_2013-11-07_1345Z_%2528alternate%2529.png&w=640&q=50)
Tifón Haiyan
From Wikipedia, the free encyclopedia
O tifón Haiyan (coñecido tamén como supertifón Haiyan, designación internacional: 1330, designación JTWC: 31W, designación PAGASA: Yolanda) foi o máis mortífero na historia de Filipinas, tamén foi o ciclón máis intenso en tocar terra e o cuarto máis intenso na conca do Pacífico, matando a aproximadamente 5771 persoas só neste país.[1] Este sistema acadou ventos máximos de 315 km/h nun minuto e 230 km/h en 10 minutos en 48 horas cunha presión mínima de 895 hPa, sendo superado en presión mínima polo tifón Tip de 1979.[2] O nome Haiyan foi posto pola China e significa «petrel» (海燕) en chinés.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8b/Haiyan_2013-11-07_1345Z_%28alternate%29.png/640px-Haiyan_2013-11-07_1345Z_%28alternate%29.png)