From Wikipedia, the free encyclopedia
Thorin II ou Thorin Escudo de Carballo (Thorin II Oakenshield no orixinal en inglés) é un personaxe ficticio do legendarium do escritor británico J. R. R. Tolkien.
Thorin Escudo de Carballo | |
---|---|
Personaxe de O hobbit | |
Thorin II Escudo de Carballo nunha forxa nas Montañas Azuis. | |
Creador(es) | J. R. R. Tolkien |
Información | |
Raza | Anano |
Sexo | Masculino |
Nacemento | 2746 T. I. |
Falecemento | 2941 T. I. |
Título | Rey Baixo a Montaña |
Familiares | Thráin II (pai) Thrór (avó) |
Residencia | Erebor, as Terras Brunas |
Thorin II é un anano da liñaxe de Durin. Nacido na Montaña Solitaria en 2746 da Terceira Idade, é fillo de Thráin II e neto de Thrór, o último Rei baixo a Montaña antes do ataque de Smaug o Dourado.
Sendo menor de idade (26 anos) foi expulsado, xunto co seu avó e seu pai, de Erebor, por Smaug, en 2770 TI fuxindo cara ó sur cunha pequena compañía e instalándose nas Terras Bretemosas.
Ó morrer o seu avó a mans de Azog o Orco nas portas de Moria, o seu pai Thráin II comeza a Guerra entre Ananos e Orcos (2793-2799 TI), para vingar a morte de Thrór, na que Thorin participa activamente sendo aínda moi novo e valoroso. É na Batalla de Azanulbizar onde obtén o seu alcuño, xa que se conta que o seu "(...)escudo partiuse, e que el arrebolouno, e coa machada cortou unha rama de carballo que sostivo na man esquerda para parar os golpes propinados polos seus inimigos ou esgrimíndoa como unha porra..." (OSDA. Apéndice A).
Ó terminar a guerra xunto co seu pai e o resto do seu pobo iniciaron unha vida errante, ata que por fin se instalaron nas Montañas Azuis (crese que nas ruínas de Nogrod). Logo da desaparición de Thráin II, Thorin converteuse en Rei do seu pobo e Herdeiro de Durin ós 95 anos. Alí prosperou coa produción de artigos de ferro, e tamén a poboación creceu coa chegada de moitos Ananos errantes. Pero el nunca esqueceu o Dragón da Montaña Solitaria e tivo desexos de volver alí e recuperar as súas riquezas, matando a Smaug.
En xaneiro de 2941 TI e cando volvía dunha viaxe a Valfendido, atopouse en Prebe co Mago Gandalf e alí tramaron a idea de recuperar Erebor. Un mes máis tarde embaucan a Bilbo Bulseiro e inician a travesía cara á Montaña Solitaria xunto cunha compañía de doce Ananos, entre os que se atopaban os seus sobriños Fili e Kili.
Durante meses sufriu varias peripecias: foi atacado por 3 troles nas Landas de Etten, despois atacárono os Orcos nas Montañas Bretemosas (Salvado polas aguias de Gwaihir), tamén o atacaron as arañas no Bosque Escuro e finalmente foi capturado como Bandido polos Elfos Silvanos de Thranduil. Chegou a Esgaroth e de alí dirixiuse a tratar de conquistar de novo a Montaña Solitaria.
O Dragón Smaug, molesto pola presenza de Bilbo e os Ananos de Thorin saíu da súa gorida enfurecido e atacou Esgaroth, onde foi morto por Bardo O Arqueiro'. Ao saber isto, Thorin procedeu a ocupar as súas antigas estancias e proclamouse como novo Rei baixo a Montaña.
Bilbo encontrara e escondera a cobizada Pedra da Arca porque pensaba que sería un bo pagamento polos seus servizos de "saqueador" (para iso fora contratado nun principio, pola súa pequena estatura). Thorin buscouna sen éxito por tódolos recunchos de Erebor e non a atopou. Tres días despois da recuperación do Reino Baixo a Montaña, chegaron ata os pés da mesma un exército composto por Homes e Elfos dispostos a solicitarlle a Thorin unha parte das riquezas da Montaña, en compensación polas perdas ocasionadas por Smaug á Cidade do Lago. O Rei anano opúxose e pechouse en Erebor. Vendo isto, Bilbo decidiu usar a Pedra da Arca como prenda de solución do conflito, dándolla a Bardo, home de Val. Ó descubrilo Thorin maldiciu a Bilbo e expulsouno.
Ó momento de producirse o ataque de Homes e Elfos contra a Montaña Solitaria, os trasnos e os Wargos, chegados de todas as partes das Montañas Bretemosas e ó mando de Bolgo fillo de Azog, atacaron a Thorin, buscando vinganza da súa anterior humillación, producíndose o que se deu en chamar a Batalla dos Cinco Exércitos. Alí, O Rei baixo a Montaña, loitou valentemente coa súa espada Orcrist, a Fende-Trasnos, onde deu morte a moitas criaturas da escuridade. Porén, na loita para conservar o que gañara, Thorin foi ferido de morte. Antes de morrer, na súa agonía, pediu perdón a Bilbo pola súa coraxe e sabedoría. Foi enterrado no máis profundo da Montaña coa Pedra da Arca sobre o peito e a súa fiel espada sobre o seu sepulcro.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.