químico estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Thomas Robert Cech, nado o 8 de decembro de 1947 en Chicago, (Estados Unidos) é un químico, bioquímico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1989.
Cando era pequeno a súa familia trasladouse á cidade de Iowa. Estudou química no Grinnell College, onde se graduó en 1970, e posteriormente realizou o seu doutoramento na Universidade de Berkeley en 1975. Aquel mesmo ano entrou a traballar no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), e en 1978 foi nomeado profesor de química e bioquímica na Universidade de Colorado.
A área principal da investigación de Thomas Cech é a do proceso de transcrición xenética do núcleo das células, observando como o código xenético do ADN se transcribe en ARN. En colaboración con Sidney Altman descubriu que para conseguir a unión de fragmentos de ARN era necesario a presenza do nucleósido, compoñente básico do ARN, sen a necesidade de estar presente calquera outra actividade catalítica.
En 1989 foi galardoado, xunto con Sidney Altman, co Premio Nobel de Química polos descubrimentos dos procesos químicos de propiedades catalizadoras do ácido ribonucleico.
Predecesor: Hartmut Michel, Johann Deisenhofer e Robert Huber |
Premio Nobel de Química 1989 con Sidney Altman |
Sucesor: Elias James Corey |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.