Thierry Jonquet
escritor francés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Thierry Jonquet, nado en París o 19 de xaneiro de 1954 e finado na mesma cidade o 9 de agosto de 2009, foi un escritor francés de novela negra, sátiras políticas e sociais. Unha das súas novelas, Mygale, foi pasada ao cinema por Pedro Almodóvar, co título La piel que habito en 2011.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1954 ![]() París, Francia ![]() |
Morte | 9 de agosto de 2009 ![]() París, Francia ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia ![]() |
Educación | Lycée Charlemagne (en) ![]() Universidade Paris-Est-Créteil-Val-de-Marne (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor , escritor de literatura infantil , guionista , escritor de xénero policial ![]() |
Partido político | Liga Comunista Revolucionária (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua francesa ![]() |
Páxina web | thierryjonquet.fr ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ten asinado libros cos pseudónimos de Martin Eden, Ramon Mercader, Phil Athur e Vince-C. Aymin-Pluzin.
Tivo unha infancia marcada polo cinema. Fixo a secundaria no liceo parisiense Charlemagne, e despois estudou filosofía na Universidade de Créteil e máis tarde terapia ocupacional. Logo dedicouse á xeriatría, e ante esa situación de morte omnipresente, comezou a escribir para informar dese horror e para renderlle homenaxe a un pensionista amigo seu. Deixou a xeriatría e fíxose profesor.
Foi ademais membro da Liga Comunista Revolucionaria.