They Might Be Giants
From Wikipedia, the free encyclopedia
They Might Be Giants (ás veces abreviado como TMBG) é unha banda de rock alternativo estadounidense formada en 1982 na cidade de Nova York por John Flansburgh e John Linnell. Durante os primeiros anos do grupo Flansburgh e Linnell estaban acompañados frecuentemente por unha caixa de ritmos. A comezos dos anos 90 They Might Be Giants converteuse nunha banda completa. Na actualidade os seus membros son Flansburgh, Linnell, Marty Beller, Dan Miller e Danny Weinkauf. A banda é coñecida polo seu estilo pouco convencional e experimental de música alternativa. O grupo tamén tivo éxito realizando música para nenos e sintonías para programas de televisión e películas.
They Might Be Giants | |
---|---|
John Linnell e John Flansburgh | |
Orixe | Nova York, Estados Unidos |
Período | 1982 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Bar/None Records Barsuk Records Restless Records Elektra Records Zoë Records Disney Sound Records Idlewild Records |
Membros | Marty Beller John Flansburgh John Linnell Dan Miller Danny Weinkauf |
Antigos membros | Hal Cragin Brian Doherty Dan Hickey Graham Maby Tony Maimone Eric Schermerhorn |
Na rede | |
theymightbegiants.com | |
O seu nome provén dun filme de George C. Scott, inspirado no episodio do Don Quixote onde se enfronta aos muíños que "poderían ser xigantes".
A banda leva editados 14 álbums de estudio. O seu traballo Flood foi certificado platino, e o seu álbum de música infantil Here Come the ABCs foi certificado ouro. O grupo gañou dous premios Grammy, un en 2002 pola súa canción "Boss of Me", que foi o tema da serie Malcolm in the Middle. O seu segundo Grammy gañouno no 2009 polo seu álbum Here Come the 123s. They Might Be Giants leva vendidos ao redor dos 4 millóns de discos.