From Wikipedia, the free encyclopedia
The Notorious Byrd Brothers é o quinto álbum da banda estadounidense de rock The Byrds, publicado o 15 de xaneiro de 1968 a través do selo Columbia Records. Musicalmente representa o cumio da experimentación psicodélica de The Byrds, onde a banda mesturou elementos de folk rock, rock psicodélico, country, música electrónica, baroque pop e jazz en moitas cancións. Destes estilos dispares, as sutís influencias do country and western son evidentes en varias cancións, apuntando cara a unha dirección country rock que o grupo perseguiría no seu seguinte traballo. Ademais, en The Notorious Byrd Brothers a banda e o produtor Gary Usher usaron un bo número de efectos de estudio e técnicas de produción, como phasing, flanging, e paneado espacial. The Byrds tamén introduciron o son da pedal steel guitar e o sintetizador modular Moog na súa música por vez primeira neste álbum, sendo un dos primeiros disco onte aparace o Moog.
The Notorious Byrd Brothers | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Byrds | ||||
Publicado | 15 de xaneiro de 1968 | |||
Gravación | xuño - decembro de 1967 | |||
Estudio(s) | Columbia Studios, Hollywood | |||
Duración | 28:28 | |||
Xénero(s) | rock psicodélico, folk rock, baroque pop, country rock | |||
Selo(s) | Columbia Records | |||
Producido por | Gary Usher | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.