From Wikipedia, the free encyclopedia
The Mentalist (O Mentalista en galego) é unha serie de televisión estadounidense, emitida orixinalmente pola canle CBS entre setembro de 2008 e febreiro de 2015.
Formato | Drama policial |
---|---|
Creado por | Bruno Heller |
Dirixido por | Chris Long David Nutter |
Intérpretes | Simon Baker Robin Tunney Owain Yeoman Tim Kang Amanda Righetti Rockmond Dunbar Emily Swallow |
Tema de apertura | Believe: Theme from The Mentalist Blake Neely |
País de orixe | Estados Unidos |
Episodios | 151 (7 tempadas) |
Duración | 41 min/cap. aprox. |
Canle de orixe | CBS |
Primeiro episodio | 23 de setembro de 2008 |
Derradeiro episodio | 18 de febreiro de 2015 |
Na rede | |
https://www.cbs.com/primetime/the_mentalist/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrick Jane, interpretado por Simon Baker, é un estafador que simula ser medium, ao que lle cambia a vida tras saír en televisión ridiculizando un asasino en serie, Red John (John o Vermello), quen en vinganza mata brutalmente a súa familia. Jane entra como asesor da CBI (California Bureau of Investigation) para axudar a capturar este asasino, axudando á axente Teresa Lisbon (Robin Tunney) a resolver tódolos casos nos que participan. A partir da sexta tempada, despois de vingarse, comeza a colaborar co FBI na resolución de crimes.
Personaxe | Actor | Descrición |
---|---|---|
Patrick Jane | Simon Baker | É o protagonista da serie, de familia de feirantes, gáñase a vida durante case toda a súa vida como timador, finxindo ser vidente e explotando os seus grandes dotes de observación. A súa vida cambia cando sae nun programa de televisión ridiculizando a un asasino en serie, Red John, e este, en vinganza, asasina dunha maneira brutal a súa muller e a súa filla. Despois disto ingresa nun centro psiquiátrico e tras un tempo nesta institución colabora coa Brigada Criminal para capturar a Red Jonh, converténdose nun elemento fundamental na resolución dos casos nos que participa como asesor da Brigada. |
Teresa Lisbon | Robin Tunney | Xefa do equipo da Brigada Criminal de California (CBI, California Bureau of Investigation) co que colabora Jane, con quen mantén unha intensa relación de amizade, a pesar de tódolos problemas que causa en cada caso no que traballa. Tivo unha infancia difícil; súa nai morreu atropelada e seu pai envorcouse no alcohol, polo que tivo que asumir o rol destes e coidar de seus irmáns. Axuda a Jane a atrapar a Red John, polo que remata despedida e ocupa o posto de xefa de policía nun pequeno pobo ata que a chama o FBI para formar parte do novo equipo de Jane nesta axencia. |
Kimball Cho | Tim Kang | Membro do equipo da Brigada Criminal, e despois do equipo do FBI co que colabora Jane. Antigamente membro de bandas xuvenís e despois do exército, destaca polo seu carácter serio, impasíbel e extremadamente directo. |
Wayne Rigsby | Owain Yeoman | Outro membro da Brigada Criminal, que despois se dedica ao sector privado. Grande e de bo corazón, esta namorado de Van Pelt, coa que remata casando e tendo un fillo despois dunha longa e difícil relación por causa de ser compañeiros de traballo. Foi membro da brigada antiincendios e seu pai pertencía a unha perigosa banda de moteiros. |
Grace Van Pelt | Amanda Righetti | Terceira compoñente da Brigada Criminal, realiza principalmente labores de investigación e informática. É a que ten unha personalidade máis disposta a crer na espirutualidade e nos psíquicos. Mantén unha relación sentimental con Rigsby en varias fases da serie, co que acaba casando e tendo un fillo. A relación con Rigsby non está permitida polas regras da brigada, polo que o deixan. Nese tempo chega a estar prometida co axente do FBI, Craig O'Laughlin, que resulta ser colaborador de Red Jonh e a quen mata a propia Grace ao final da terceira tempada. |
Red John | É un asasino en serie, metódico e intelixente, e o antagonista da serie. Sempre ten o mesmo modus operandi, deixando unha enorme marca smily feita con sangue da vítima na parede que produza un maior impacto á persoa que vexa a escena do crime, e que permita que se vexa antes ou ao mesmo tempo que o corpo da vítima. Ao final da quinta tempada descóbrese a súa identidade e a rede que elaborou dentro das forzas de seguridade a nivel de todos os Estados Unidos, a Sociedade Blake. | |
Dennis Abbott | Rockmond Dunbar | Axente do FBI, máximo responsábel da división coa que colabora Jane. |
Kim Fischer | Emily Swallow | Axente do FBI, subordinada de Abbott e axente ao cargo de Patrick Jane. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.