filme británico de 2010 dirixido por Tom Hooper From Wikipedia, the free encyclopedia
The King's Speech é un filme británico de drama histórico dirixido por Tom Hooper que foi estreada en 2010, baseada na historia real do rei Xurxo VI do Reino Unido contra o inicio da segunda guerra mundial.
The King's Speech | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The King's Speech |
Director | Tom Hooper |
Produtor | Iain Canning Emile Sherman Gareth Unwin |
Guión | David Seidler |
Intérpretes | Colin Firth Helena Bonham Carter Geoffrey Rush Michael Gambon Guy Pearce Timothy Spall Derek Jacobi Eve Best |
Música | Alexandre Desplat |
Fotografía | Danny Cohen |
Montaxe | Tariq Anwar |
Estudio | UK Film Council See-Saw Films Bedlam Productions |
Distribuidora | Transmission (Australia) Momentum Pictures (Reino Unido) The Weinstein Company (Estados Unidos) |
Estrea | 2010 |
Duración | 118 minutos |
Orixe | Reino Unido Australia |
Xénero | Drama Histórico |
Orzamento | $15 000 000[1] |
Recadación | $414 211 549 |
Na rede | |
http://kingsspeech.com | |
Cando o rei Xurxo V (Michael Gambon) falece, o seu fillo Eduardo (Guy Pearce) pasa a ocupar o trono como Eduardo VIII. Eduardo tiña unha relación amorosa con Wallis Simpson, unha americana divorciada, pero non foi aceptada pola familia real, e cando manifestou a súa intención de casar con Mrs. Simpson foi rexeitado polo Primeiro Ministro Stanley Baldwin. Entón Eduardo VIII toma unha decisión drástica: en decembro do mesmo ano abdica, argumentando que non sería capaz de cargar o peso da coroa sen o apoio da muller que ama. O seu irmán máis novo Alberto (Colin Firth) convértese así no novo rei de Inglaterra como Xurxo VI, pero ten un problema: é tatexo e falar en público non é doado para el. Por iso, a súa muller Isabel (Helena Bonham Carter) contrata o excéntrico logopeda Lionel Logue (Geoffrey Rush) para que o axude. Finalmente, co apoio da súa familia, de Logue e do mesmo Winston Churchill (Timothy Spall), Xurxo VI prepárase para dar un discurso á toda a nación para dicirlles que o Reino Unido lle declara a guerra á Alemaña Nazi de Hitler.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.