The Eternal
From Wikipedia, the free encyclopedia
The Eternal é o décimo quinto e derradeiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editado por Matador Records o 9 de xuño do 2009. Foi o seu primeiro álbum en tres anos, precedido por Rather Ripped, sendo o período de tempo máis longo entre dous álbums de estudio da banda. Trátase do primeiro álbum da banda dende que abandonaron a súa anterior discográfica, Geffen Records.
The Eternal | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Sonic Youth | ||||
Publicado | 9 de xuño do 2009 | |||
Gravación | novembro - decembro do 2008 | |||
Estudio(s) | Echo Canyon West, Nova Jersey | |||
Duración | 56:25 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | Matador Records | |||
Producido por | John Agnello | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
En The Eternal Kim Gordon só toca o baixo no primeiro corte, "Sacred Trickster", gravando guitarras no resto dos temas do disco. Tamén destaca o feito de que en varias das cancións cantan Gordon, Ranaldo, e Moore, os tres ao unísono.
O álbum está adicado a Ron Asheton, guitarrista de The Stooges, falecido meses antes da aparición de The Eternal.