The Dark Side of the Moon
álbum de Pink Floyd / From Wikipedia, the free encyclopedia
The Dark Side of the Moon é o oitavo álbum da banda inglesa de rock progresivo Pink Floyd, publicado o 1 de marzo de 1973. Baseouse nas ideas exploradas en anteriores gravacións e en concertos, pero carece das extensas excursións instrumentais que caracterizaban aos seus traballos tras a saída en 1968 de Syd Barrett. Os temas de The Dark Side of the Moon inclúen conflito, cobiza, paso do tempo e enfermidade mental, este último inspirado parcialmente na deterioración do estado mental de Barrett.
The Dark Side of the Moon | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Pink Floyd | ||||
Publicado | 1 de marzo de 1973 | |||
Gravación | xuño de 1972 - xaneiro de 1973 | |||
Estudio(s) | Abbey Road Studios, Londres | |||
Duración | 42:59 | |||
Xénero(s) | rock progresivo | |||
Selo(s) | Harvest, Capitol | |||
Producido por | Pink Floyd | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Desenvolvido durante actuacións ao vivo, unha primeira versión da suite foi estreada varios meses antes de que comezasen as gravacións no estudio; o novo material foi gravado en dúas sesións en 1972 e 1973 nos Abbey Road Studios de Londres. O grupo usou algunhas das técnicas máis avanzadas da época, como a gravación multipista e os loops de cinta. En varios temas destacan os sintetizadores analóxicos. O enxeñeiro Alan Parsons foi o responsable directo dalgúns dos aspectos sonoros máis destacables do disco, ademais do recrutamento do intérprete non-léxico Clare Torry. A icónica portada do álbum, deseñada por Storm Thorgerson, amosa un prisma que representa a iluminación da época da banda no escenario, os temas líricos do disco, e a petición do teclista Richard Wright dun deseño "sinxelo e audaz".
The Dark Side of the Moon foi un éxito inmediato, acadando o número 1 das listas de LPs e casetes da Billboard durante unha semana. Posteriormente estivo nas listas durante 741 semanas, dende 1973 ata 1988. Cuns 50 millóns de discos vendidos, é o maior éxito comercial de Pink Floyd, e un dos álbums máis vendidos do mundo. Foi remasterizado e reeditado dúas veces, e foi versionado na súa totalidade por distintos artistas. Do disco sacáronse dous sinxelos, "Money" e "[[Time (canción)|Time". Ademais do seu éxito comercial, The Dark Side of the Moon é un dos traballos máis populares de Pink Floyd entre os seareiros e os críticos, e é frecuentemente considerado como un dos mellores álbums da historia. O 22 de marzo de 2013, o disco entrou na Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos, como parte do Rexistro Nacional de Gravacións, sendo cualificado de "culturalmente, historicamente e esteticamente significativo, e como un reflexo da vida nos Estados Unidos".