Texto
composición de signos codificado nun sistema de escritura / From Wikipedia, the free encyclopedia
O texto é:
- Enunciado que conforma un escrito ou un discurso.
- Libro empregado para o estudo dunha materia.
- Na glosemática, todo conxunto analizable de signos, independentemente de cal sexa a súa extensión.
- Na lingüística textual desígnase texto a calquera enunciado coherente que sexa unha unidade comunicativa autónoma e pechada, independentemente de cal sexa a súa extensión (desde un simple ‘vaites' ata unha novela como A esmorga de Eduardo Blanco Amor).
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/81/Merl%C3%ADn_e_familia%2C_%C3%81lvaro_Conqueiro%2C_detalle.jpg/320px-Merl%C3%ADn_e_familia%2C_%C3%81lvaro_Conqueiro%2C_detalle.jpg)
O texto constitúe un sistema que non debe identificarse co sistema lingüístico, senón relacionado con el. O texto non é unha mera unidade lingüística de orde superior, non é unha sucesión de oracións cunha determinada relación, senón basicamente unha unidade comunicativa que presenta tres planos:
- morfolóxico: Constituído por tódolos elementos lingüísticos das frases que o compoñen (fonolóxicos, gramaticais,...) e estudado pola análise retórica.
- sintáctico: Que non se refire á sintaxe das frases, senón ás relacións entre unidades textuais (proposicións, grupos de proposicións, macroestruturas,...) e estudado pola análise narrativa.
- semántico: Produto complexo do contido semántico das unidades textuais e estudado pola análise temática.