![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/aa/Saturn%2527s_Moon_Tethys_as_seen_from_Voyager_2.jpg/640px-Saturn%2527s_Moon_Tethys_as_seen_from_Voyager_2.jpg&w=640&q=50)
Tetis (lúa)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Tetis ou Saturno III é unha lúa de tamaño medio de Saturno, que ten un diámetro duns 1.060 km. Foi descuberta por G. D. Cassini no ano 1684 e máis tarde bautizada co nome do titán Tetis da mitoloxía grega.
Tetis | |
---|---|
![]() | |
Tetis nunha imaxe tomada pola "Voyager 2" no ano 1981, coa xigantesca fenda chamada Ítaca Chasma estendéndose diagonalmente dende abaixo a esquerda cara arriba a dereita ata o cráter Telémaco. As chairas suaves do hemisferio de vangarda, coa súa baixa densidade de cráteres, poden ser vistas abaixo cara a dereita. | |
Descubrimento | |
Descuberto por | G. D. Cassini |
Data do descubrimento | 21-03-1684 |
Designacións | |
Designación alternativa | Saturno III |
Características orbitais | |
Eixo Semi-maior | 294 619 km |
Excentricidade | 0,0001[1] |
Período orbital | 1,887802 d |
Inclinación orbital | 1,12° (respecto do ecuador de Saturno) |
Satélite de: | Saturno |
Características físicas | |
Dimensións | 1076,8 × 1057,4 × 1052,6 km[2] |
Raio medio | 531,1 ± 0,6 km (0,083 Terras)[2] |
Masa | 6,17449 ± 0,00132 x 1020 kg[3] (1,03 x 10−4 Terras) |
Densidade media | 0,984 ± 0,003 g/cm³[2] |
Gravidade superficial ecuatorial | 0,147 m/s²[alpha 1] |
Velocidade de escape | 0,394 km/s[alpha 2] |
Período de rotación sideral | sincrónica[4] |
Oblicuidade da eclíptica | cero |
Albedo | 1,229 ± 0,005 (xeométrico)[5] 0,80 ± 0,15 (albedo de Bond)[4] |
Temperaturas | 86 ± 1 K[7] |
Magnitude aparente | 10,2[8] |
Tetis ten unha densidade baixa, de 0,98 g/cm ³, o que indica que está composta principalmente de xeo de auga, con só unha pequena fracción do rocha. Isto está confirmado pola espectroscopia da súa superficie, a cal identificou ó xeo de auga coma o material predominante da súa superficie. Unha pequena cantidade de material escuro non identificado está tamén presente. A superficie de Tetis é moi brillante, sendo a segunda máis brillante entre as lúas de Saturno, despois de Encélado, e é de cor neutra.
Tetis ten moitos cráteres e a súa superficie está cortada por un pequeno número de fallas/graben de grandes proporcións. O maior cráter de impacto é Odiseo, que ten preto de 400 km de diámetro, mentres cá maior graben é Ítaca Chasma, que ten de preto de 100 km de ancho e máis de 2.000 km de lonxitude. Estas dúas grandes características da superficie poderían estar relacionadas. Unha pequena parte da superficie está cuberta por chairas suaves que poderían ter unha orixe criovolcánica. Como tódalas outras lúas esféricas de Saturno, Tetis formouse a partir da sub-nebulosa de gas e po que rodeaba Saturno despois da súa formación.
Tetis foi explorada por varias sondas espaciais, incluíndo a Pioneer 11 (1979), a Voyager 1 (1980), a Voyager 2 (1981), e a Cassini dende 2004.