From Wikipedia, the free encyclopedia
O terremoto de Ossa de Montiel do 23 de febreiro de 2015 sacudiu principalmente a localidade albaceteña de Ossa de Montiel, situada en Castela-A Mancha (España), ás 17:16 hora local (16:16 UTC)[1]. Os seus efectos sentíronse por gran multitude de cidades do centro da Península Ibérica, entre elas, na capital española, Madrid.[2] Tivo unha magnitude de 4,6 na escala de magnitude de momento e produciuse na mesma falla que o sismo que asolou Lorca (Murcia) en 2011, que atravesa a Meseta Central.[1][2] Trátase do tremor máis intenso en España dende 2012.[3]
O hipocentro encontrouse a 17 quilómetros de profundidade.[1] Minutos despois das 17:27 hora local, rexistrouse unha réplica de 2,5 graos na escala de Richter, a 19 km de profundidade.[2] Unha hora despois, detectouse outra de 3,1 graos na mesma escala, e o seu epicentro localizouse moi preto do primeiro.[2]
Segundo informaron fontes oficiais, non houbo danos materiais nin estruturais, salvo incidentes de carácter «leve», como desprendementos sobre vehículos. Os efectivos de Protección Civil non informaron de ningún efecto de consideración ao Instituto Xeográfico Nacional.[2]
Na zona próxima ao terremoto, hai concedidas tres licenzas de fracturación hidráulica ou 'fracking' dende 2012. A empresa licitadora, Oil and Gas Capital, confirmou que non iniciara ningunha sondaxe na zona, desmarcándose totalmente das posibles causas do terremoto.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.