Terraformación
From Wikipedia, the free encyclopedia
Terraformación é a denominación dada ó proceso, ata o de agora teórico, de modificar a atmosfera e temperatura dun corpo celeste sólido coma un planeta, un satélite etc, ata deixalo en condicións adecuadas para soster un ecosistema confortable para os seres vivos da Terra, malia que o proceso poida chegar a ser moi lento. A posibilidade de crear unha biosfera planetaria semellante á da Terra noutro planeta aínda precisa ser desenvolvida.
A maior parte do que se sabe sobre a modificación das condicións para a vida planetaria é baseado no que observamos no noso propio mundo. Consecuentemente Marte é o candidato máis probable para as primeiras experiencias en terraformación, por ser o planeta máis parecido e máis próximo á Terra.[1] A NASA estuda maneiras de quecer o planeta e de alterar a súa atmosfera coa tecnoloxía actualmente dispoñible. Outras cuestións a debater son de índole ética, loxística, económica, política e o procedemento para alterar o ambiente doutro planeta.