From Wikipedia, the free encyclopedia
Os terapóntidos (Terapontidae; tamén recollido como Teraponidae, Theraponidae ou Therapontidae) son unha familia de peixes perciformes pertencentes á suborde Percoidei.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
O nome procede do grego tera, -atos: monstruoso, estraño; e pontios, mariño.
Son de corpo alargado, lixeiramente comprimido lateralmente. Alcanza tamaños de ata 80 cm. No opérculo presentan dúas espiñas; preopérculo serrado.
A aleta dorsal está dividida nunha primeira parte de 11-13 raios espiñosos e unha segunda con 9-11 raios brandos; a parte espiñosa é depresible nunha bolsa basal. Na aleta anal, 3 raios espiñosos seguidos de 7-10 raios brandos. As aletas pélvicas insírense por detrás da base das pectorais e posúen unha espiña e 5 raios brandos. A caudal é redondeada ou truncada.
A liña lateral, continua e sen interrupcións, segue o perfil dorsal ata alcanzas a aleta caudal.
Inclúe especies mariñas pero tamén de augas salobres e de auga doce, distribuídas polos mares do Indo-Pacífico.
Aliméntase de peixes, algas e pequenos invertebrados.
Segundo WORMS divídese nos seguintes xéneros:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Terapóntidos |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.