![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d2/Pythagorean.svg/langgl-640px-Pythagorean.svg.png&w=640&q=50)
Teorema de Pitágoras
relación entre os tres lados dun triángulo rectángulo / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Teorema de Pitágoras é unha relación entre os tres lados dun triángulo rectángulo. Establece que o cadrado da hipotenusa é igual á suma dos cadrados dos catetos; é dicir, se a e b son as lonxitudes dos catetos e c a da hipotenusa do triángulo rectángulo, verifícase a chamada "igualdade pitagórica"[1]:
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d2/Pythagorean.svg/320px-Pythagorean.svg.png)
O teorema leva o nome do matemático grego Pitágoras (ca. 570 a.C.—ca. 495 a.C.), a quen a tradición atribúe a súa demostración[2][3], se ben arguméntase frecuentemente que o coñecemento de teorema é anterior. Hai evidencias de que os babilonios coñecían e entendían a fórmula, mais chegaron ata nós poucas evidencias de que a usaran como ferramenta matemática[4][5].
O teorema ten numerosas demostracións, posibelmente é o teorema matemático con máis demostracións. Hainas de todo tipo, tanto demostracións xeométricas como alxébricas, tendo algunhas delas algúns milenios de existencia. O teorema pode ser xeneralizado de múltiples formas, en espazos de dimensións superiores e en espazos non euclidianos, a obxectos que non son triángulos rectángulos é, de feito, a obxectos que nin sequera son triángulos como os sólidos n-dimensionais. O teorema de Pitágoras ten interese fóra das matemáticas como símbolo da dificultade matemática, da mística, ou do poder intelectual. Hai referencias populares dabondo na literatura, teatro, música, cancións, selos e viñetas.