Tempo gramatical

páxina de homónimos de Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia

O tempo gramatical é unha categoría lingüística que traduce diversas categorizacións do tempo "real" ou "natural", permitindo situar unha acción no eixo do tempo da enunciación en relación a tres momentos: o pasado, o presente ou o futuro. Esta categoría asóciase habitualmente ao verbo.

Oponse ó tempo físico (continuum que carece en si de delimitacións. Os lindes que nel observamos son percepcións alleas ó seu ilimitado decorrer), e ó tempo cronolóxico (tempo dos sucesos que implica parámetros como día, estación,..., xa que a duración dos acontecementos e mensurable.

O tempo gramatical (ou temporalidade verbal) é o tempo interno do acto de fala, refire todo o que se transmite nun relato a un punto orixinario que frecuentemente é o instante en que se produce a emisión da mensaxe: a diferenza entre o tempo cronolóxico e lingüístico consiste en que os termos cronolóxicos son parámetros fixos que fraccionan o tempo físico, o tempo lingüístico implica que un suceso poida ser amentado con temporalidades diferentes, dependendo de cando se dea o momento ó cal a súa temporalidade faga referencia con respecto ó acto de fala).

O tempo gramatical exprésase normalmente mediante a conxugación verbal (nas linguas indoeuropeas, por exemplo), aínda que existen outros medios (os adverbios exclusivamente en mandarín, o caso gramatical ou os adxectivos cualificativos (en función predicativa) en xaponés).

O tempo verbal vai acompañado doutras informacións gramaticais, como son o modo, a voz ou a persoa, e todas estas categorías son moi diferentes nas distintas linguas. O único tempo común a todas as linguas é o "presente simple", aínda que o seu uso varía.

Guillermo Rojo atende á temporalidade verbal do seguinte xeito:

Máis información definición, exemplo ...
Tempodefiniciónexemplo
Presente de ind.OoVVexo o cóengo
Presente de subx.OoVOxalá estea de camiño
Presente de subx.O+VQuizabes veñá para o mes
Imperfecto de ind.(O-V)oV Cando o chamei, estaba despistado
Imperfecto de subx.O-VQuizais o reparase pola mañá
Imperfecto de subx.(O-V)oVEl esperaba que agora volvésemos
Imperfecto de subx.(O-V)+VEsperou a que volvese
Imperfecto de subx.(OoV)-VEspera que volvese
Imperfecto de subx.(O+V)-VNon esperará que volveses
Imperfecto de subx.(O-V)-VNon considerei que volveses daquela
Imperfecto de subx.((O-V)+V)-V Aseguraron que o farían toda vez que rematasen
Pluscuamperfecto de ind.(O-V)-VComentou que volvera
Futuro de ind.OoVTerá agora tres meses
Futuro de ind.O+VMañá direicho
Futuro de ind.(O+V)-VPara xuño verémolo
CondicionalOoV)+VSerían oito os invitados
Condicional(O-V)+VDixo que chegarían axiña
Pechar

Interpretación da táboa:

  • O-V (acontecemento anterior ó momento da enunciación ou orixe)
  • OoV (acontecemento simultáneo ó momento da enunciación ou orixe)
  • O+V (acontecemento posterior ó momento da enunciación ou orixe)
  • (O-V)+V (acontecemento posterior a un anterior á orixe)
  • (O-V)-V (acontecemento anterior a un anterior á orixe)
  • (O-V)oV (acontecemento simultáneo a un anterior á orixe)
  • (O+V)+V (acontecemento posterior a un posterior á orixe)
  • (O+V)-V (acontecemento anterior a un posterior á orixe)
  • (O+V)oV (acontecemento simultáneo a un posterior á orixe)

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.