periférico con botóns ou teclas que envía información á computadora From Wikipedia, the free encyclopedia
En informática, un teclado de ordenador é un periférico utilizado pola introdución de ordes e datos nun ordenador, aínda que teclados similares se utilizan tamén en máquinas de escribir. Actualmente o teclado é un elemento indispensábel para un ordenador e é xunto co rato o periférico de entrada máis importante.
Polo número de teclas
Teclado XT de 83 teclas.
Teclado AT de 84 teclas.
Teclado expandido de teclas (101 teclas na versión americana); teclado ampliado con teclas de navegación e control adicionais, dúas teclas de función adicionais (tres grupos de catro teclas cada un colocadas en ringleira).
Teclado expandido de 104-105 teclas; conta con tres novas teclas, a tecla Windows e a tecla menú.
Teclado expandido de 107-108 teclas; ademais da anteriores engade as teclas de Repouso, Modo de espera, e Apagado.
Teclado multimedios; engade teclas adicionais para configurar atallos ás aplicacións máis habituais, regular o volume...
Polo tipo de pulsadores
- De contacto (cando unha tecla está pulsada deixa pasar a corrente):
Mecánicos:
De membrana:
- Capacitativos
Pola distribución das teclas
Teclado XT e AT de 84. Teclas de funcións á esquerda do teclado. Non dispoñen nin de cursores de desprazamento (hai que empregar os do teclado numérico nin das teclas Suprimir, Fin...
Teclado expandido estándar. As teclas de función pasan a estar enriba do teclado tipo máquina de escribir. A tecla Escape colócase á dereita destas. Incorpóranse os cursores de desprazamento e botóns con funcións adicionais entre o teclado tipo máquina de escribir e o bloque numérico.
Teclados ergonómicos. Buscan unha postura máis cómoda á hora de traballar co teclado. Amosan unha distribución de teclas diferente a habitual.
Tamén se poden distinguir polo orde das teclas que representan as letras, os teclados QWERTY e Dvorak.