![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5b/TE-Lymphatic_system_diagram.es.svg/langgl-640px-TE-Lymphatic_system_diagram.es.svg.png&w=640&q=50)
Sistema linfático
parte do sistema inmunolóxico que produce e transporta a linfa / From Wikipedia, the free encyclopedia
O sistema linfático é unha rede complexa de órganos linfoides, ganglios linfáticos, condutos linfáticos, tecidos linfáticos, capilares linfáticos e vasos linfáticos que producen e transportan o fluído linfático (linfa) dos tecidos para o sistema circulatorio. O sistema linfático é un importante compoñente do sistema imunolóxico, pois colabora cos glóbulos brancos para a protección contra bacterias e virus invasores.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Sistema linfático | |
---|---|
![]() | |
Imaxe mostrando o sistema linfático | |
Latín | systema lymphoideum |
O sistema linfático posúe tres funcións interrelacionadas:
- 1 Eliminación dos fluídos en exceso dos tecidos corporais,
- 2 Absorción dos ácidos graxos e transporte posterior da graxa para o sistema circulatorio e,
- 3 Produción de células inmunes (como linfocitos, monocitos e células produtoras de anticorpos coñecidas como plasmocitos).
A linfa é un líquido transparente e esbrancazado, levemente amarelado ou rosado, alcalino e de sabor salgado, constituído esencialmente polo plasma sanguíneo, proteínas e por glóbulos brancos. A linfa é transportada polos vasos linfáticos en sentido unidireccional e filtrada nos ganglios linfáticos (tamén coñecidos como nódulos linfáticos). Despois da filtraxe, a linfa é lanzada no sangue, desembocando nas grandes veas torácicas.
Os vasos linfáticos teñen a función de drenar o exceso de líquido que sae do sangue e baña as células. Ese exceso de líquido que circula nos vasos linfáticos e que é devolvido ao sangue é o que se chama linfa.