Teatro Campoamor
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Teatro Campoamor é un teatro de Oviedo fundado en 1892, coñecido entre outras cousas por ser o escenario da entrega dos Premios Príncipe de Asturias.
Teatro Campoamor | |
---|---|
Teatro Campoamor | |
Enderezo | Rúa 19 de Julio, 1, 33002 |
Cidade | Oviedo |
País | España |
Propiedade de | Concello de Oviedo |
Capacidade | 1.440 |
Inauguración | 1892 |
Na rede | |
http://www.teatrocampoamor.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Teatro Campoamor naceu en Oviedo como resposta a un marco para representar operas e funcións teatrais debido á incipiente burguesía económica que empezaba a aflorar na capital. Ata aquel entón as funcións representábanse no Teatro do Fontán, á beira da praza do mesmo nome e que hoxe é a Biblioteca Pública Ramón Pérez de Ayala.
Situouse nos terreos do convento de Santa Clara, detrás da rúa de Uría que fora proxectada un par de décadas anteriores. No ano 1876, con José Longoria Carbajal na alcaldía, preséntase o proxecto de construción do teatro, que se finalizou en 1883. A proposta do escritor e entón concelleiro Leopoldo Alas "Clarín", foi bautizado co apelido do insigne asturiano Ramón de Campoamor, o cal non puido asistir á inauguración, á que mandou ao seu irmán e como acto de agradecemento co pobo ovetense enviou mil pesetas a repartir entre os pobres da cidade, repartindo o concello o diñeiro entre as catro parroquias existentes a razón de 250 pesetas por cada unha.
O teatro inaugurouse ao público o 17 de setembro de 1892 cunha representación da obra de Os Hugonotes de Giacomo Meyerbeer. A esta obra seguiuna Lucía de Lammermoor, ópera que tamén foi presentada no I tempada de ópera de Oviedo, en 1948, e tamén se representou no 120 aniversario. Trátase da tempada de ópera máis antiga de España, só superada pola do Gran Teatro do Liceo de Barcelona.
A primeira remodelación importante acontece no ano 1916 cunha reestruturación do interior e unha ampliación da súa capacidade. Durante a Revolución de 1934 o teatro sofre grandes danos quedando reducido a ruínas e só se mantén en pé a fachada principal. Tras acabar a guerra civil iníciase a construción e renovación do teatro que volve abrir as súas portas en setembro de 1948 coa ópera Manón.
En 1988, baixo o proxecto do arquitecto andaluz José Rivas, asesorado polo escenógrafo Julio Galán, lévase a cabo a reforma do escenario, eliminando a pendente do piso, ampliando o espazo do foso da orquestra e modernizando a caixa escénica con todos os adiantos técnicos en canto a elementos escénicos mecanizados e de iluminación.
Baixo a praza do Carbayón e a rúa 19 de Julio, protexendo as raíces do carballo cun gran testo, dótase o teatro de modernos camerinos, sala de ensaios, xastraría, barbaría, sala de atrezzo, talleres e salas de persoal de tremoia. Desde aquí contrólase a iluminación e son da caixa escénica. Os antigos camerinos situados na fachada traseira do edificio pasan a ser a sede da Concellaría de Cultura do Concello de Oviedo.
En 1993 a sala polivalente subterránea transfórmase no Centro de Arte Moderna Ciudad de Oviedo (CAMCO). Desde o ano 2004 está xestionada por Cajastur, onde periodicamente pódense contemplar exposicións artísticas de arte moderna e vangardista.
No ano 2006, a fundación Hidrocantábrico financiou a posta en marcha da iluminación exterior do teatro.
Tras coñecer diversas obras de modernización técnica ao longo das dúas últimas décadas, o teatro segue funcionando a pleno rendemento, e dentro dos moitos actos que se celebran nel cabe destacar a tempada de ópera de Oviedo e a cerimonia de entrega dos Premios Príncipe de Asturias.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teatro Campoamor |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.