![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/33/Tayassu_tajacu.jpg/640px-Tayassu_tajacu.jpg&w=640&q=50)
Taiasúidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos taiasúidos[2] (Tayassuidae) é unha familia de mamíferos da orde dos artiodáctilos e suborde dos suínos propios do continente americano que se coñecen vulgarmente como pecarís[3] e tamén como porcos do Novo Mundo.[Cómpre referencia]
Máis información TaiasúidosTayassuidaePecarís / Porcos do Novo Mundo Rango fósil: eoceno - actualidade, Clasificación científica ...
Taiasúidos Tayassuidae Pecarís / Porcos do Novo Mundo Rango fósil: eoceno - actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Pecari tajacu | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Pechar
Dada a súa semellanza cos outros membros da suborde, os suínos, moita xente confunde os pecarís con especies porcinas do Vello Mundo que serían introducidas en América polos colonos europeos e que, co paso do tempo, escaparían das granxas, facéndose salvaxes (asilvestrándose). Isto ocorre polo gran parecido que teñen cos xabarís pero, a diferenza destes, os pecarís teñen dentes cairos que non sobresaen da boca, xa que son curtos e rectos, non longos e curvados cara a atrás, como os dos porcos bravos.