Tatum O'Neal
actriz estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
actriz estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Tatum Beatrice O'Neal, nada nos Ánxeles o 5 de novembro de 1963,[1] é unha actriz e escritora estadounidense. É a persoa máis nova que gañou un Oscar nunha categoría competitiva, ao gañar con dez anos o Oscar á mellor actriz secundaria por Lúa de papel, protagonizada polo seu pai, Ryan O'Neal.
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Tatum Beatrice O'Neal 5 de novembro de 1963 (60 anos) Os Ánxeles (Estados Unidos de América) |
Educación | Hollywood Professional School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación |
Ocupación | actriz de cinema, actriz, actriz de televisión |
Período de actividade | 1973 - |
Familia | |
Cónxuxe | John McEnroe (1986–1994) |
Fillos | Emily McEnroe, Sean McEnroe, Kevin John McEnroe |
Pais | Ryan O'Neal e Joanna Moore |
Irmáns | Griffin O'Neal Patrick O'Neal |
Premios | |
| |
O’Neal naceu nos Ánxeles, filla dos actores Ryan O'Neal (1941–) e Joanna Moore (1934–1997), cos que apareceu en varios filmes e programas de televisión. O seu irmán Griffin naceu en 1964 e en 1967 divorciáronse os seus pais. Tatum ten outros dous medio irmáns.
En 1974,[2] aos dez anos, Tatum O’Neal gañou o Oscar á mellor actriz secundaria pola súa interpretación en Lúa de papel, estreada en maio de 1973,[3] e converteuse na persoa máis nova en gañar un Oscar en categoría competitiva.[4] Tamén apareceu despois en filmes coma International Velvet (1978) con Christopher Plummer e Anthony Hopkins ou Nickelodeon (1976) de novo co seu pai.
Entre 1984 e 1999 só apareceu en cinco filmes. A partir dos principios da década do 2000 comezou a actuar de novo, aparecendo en series de televisión como Sex and the City e 8 Simple Rules for Dating My Teenage Daughter. En 2006 participou na segunda temporada do reality show Dancing with the Stars.
Un dos primeiros noivos públicos de O’Neal foi Michael Jackson, con quen saíu na década de 1970.
En 1984 comezou unha relación co tenista John McEnroe, co que casou en 1986.[4][5] Separáronse en 1992. Tralo divorcio, en 1994, O’Neal volveu a ter problemas coas drogas e fíxose adicta á heroína. Como resultado, McEnroe logrou a custodia dos tres fillos en 1998.[6]
O 1 de xuño de 2008 foi arrestada por comprar crack preto do seu piso en Manhattan.[7] Cando a policía foi buscala atopou outras dúas bolsas con drogas.[7] Foi acusada dun delito menor e liberada sen fianza.
En 2011 Tatum e o seu pai reiniciaron a súa rota relación pai-filla tras vinte e cinco anos. A reunión e reconciliación foi recollida na serie Ryan and Tatum: The O'Neals.[8]
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1973 | Lúa de papel | Addie Loggins | |
1976 | The Bad News Bears | Amanda Whurlitzer | |
Nickelodeon | Alice Forsyte | ||
1978 | International Velvet | Sarah Brown | |
1980 | Circle of Two | Sarah Norton | |
Little Darlings | Ferris Whitney | ||
1981 | Prisoners | Christie | Sen estrear |
1985 | Certain Fury | Scarlet | |
1992 | Little Noises | Stella | |
1996 | Basquiat | Cynthia Kruger | |
2002 | The Scoundrel's Wife | Camille Picou | Título de vídeo: The Home Front |
2003 | The Technical Writer | Slim | |
2006 | My Brother | Erica | |
2008 | Saving Grace B. Jones | Grace B. Jones | |
Fab Five: The Texas Cheerleader Scandal | Lorene Tippit | ||
2010 | The Runaways | Marie Harmon | |
Last Will | Hayden Emery | ||
Sweet Lorraine | Lorraine Bebee | ||
Mr. Sophistication | Kim Waters | ||
2015 | She's Funny That Way |
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1984 | Faerie Tale Theatre | Goldilocks | "Goldilocks and the Three Bears" |
1989 | CBS Schoolbreak Special | Kim | "15 and Getting Straight" |
1993 | Woman on the Run: The Lawrencia Bembenek Story | Lawrencia Bembenek | |
2003 | Sex and the City | Kyra | "A Woman's Right to Shoes" |
2004 | 8 Simple Rules | Ms. McKenna | "Opposites Attract: Part 3: Night of the Locust" |
Law and Order: Criminal Intent | Kelly Garnett | "Semi-Detached" | |
2005 | Ultimate Film Fanatic | Xuíz | |
2005–2011 | Rescue Me | Maggie | |
2006 | Dancing with the Stars | Ela mesma | 5 episodios |
Wicked Wicked Games | Blythe Hunter | 51 episodios | |
2011 | Ryan and Tatum: The O'Neals | Ela mesma | |
2015 | Hell’s Kitchen | Ela mesma | Episodio 13 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.