Tarso (anatomía)
zona anatómica situada entre o final dos ósos da perna e o esqueleto do pé / From Wikipedia, the free encyclopedia
O tarso é unha zona anatómica situada entre o final dos ósos da perna e o esqueleto do pé (metatarso). Está composto por catro ósos, distribuídos en dúas fileiras con dous ósos cada unha:
- Fila proximal: un óso superior, o astrágalo e un inferior, o calcáneo.
- Fila distal: un óso interno, o escafoide e un óso externo, o cuboide.
Entre o tarso e o metatarso colócanse tres ósos máis, os cuneiformes.