Tapas (filme)
filme de 2005 dirixido por José Corbacho e Juan Cruz / From Wikipedia, the free encyclopedia
Tapas é unha película española do ano 2005. Foi o debut cinematográfico como directores de José Corbacho e Juan Cruz (tamén guionistas do filme), que acadou unha boa aceptación e críticas e lles valeu ó Premio Goya ó mellor director novel.
Elvira Mínguez, unha das protagonistas, obtivo varios recoñecementos polo seu traballo nesta película, entre eles o Premio Goya á mellor actriz secundaria, o Premio á mellor interpretación feminina no Festival de Málaga e o galardón da Unión de Actores na mesma categoría.
A súa banda sonora inclúe temas de Antonio Orozco e Estopa entre outros.