actor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Tamar Novas Pita, nado en Santiago de Compostela o 3 de outubro de 1986, é un actor galego.
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1986 (37 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Período de actividade | 1999 - |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Parella | Belén Cuesta |
Premios
| |
A súa familia é de Figueiroa (Arzúa) e Melide[1]. Estudou Ciencias da Comunicación na Universidade de Santiago de Compostela.
A súa primeira experiencia interpretativa foi no ano 1999, na película A lingua das bolboretas, ás ordes de José Luis Cuerda. Pero o verdadeiro éxito e recoñecemento chegaríalle en 2004, da man de Alejandro Amenábar e a súa película Mar adentro. O seu papel nesta cinta, o de sobriño de Ramón Sampedro, valeulle un Premio Goya ó Mellor Actor Revelación, así coma o premio da Unión de Actores na mesma categoría.
A raíz da popularidade adquirida grazas a Mar adentro fixo un cameo na popular serie Siete Vidas (Telecinco) e máis recentemente fixo outra aparición capitular en Mesa para cinco (La Sexta). Tamén formou parte do elenco principal da primeira temporada da serie da TVG A vida por diante.
En 2008 colaborou nas serie Cuenta Atrás (Cuatro) e La Señora (TVE), participando en varios episodios desta última.
En 2009 rodouse a película Los abrazos rotos, protagonizada por Penélope Cruz e dirixida por Pedro Almodóvar, na que interveu.
En 2010 participou na segunda tempada de Acusados (Telecinco), no papel de Jaime Holgado.
Vive en Madrid desde mediados da década dos 2000[1].
Desde o ano 2012 é a parella da actriz Belén Cuesta, a quen coñeceu durante a rodaxe de Bandolera[2].
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Mellor actor revelación | Mar adentro | Gañador |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Mellor actor revelación | Mar adentro | Gañador |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2020 | Mellor interpretación masculina secundaria | El desorden que dejas | Nomeado |
2023 | Mellor interpretación masculina | O corpo aberto | Gañador |
2024 | Mellor interpretación masculina | Salta! | Gañador[3] |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2004 | Copa Volpi ó mellor actor | Mar adentro | Candidato |
Ano | Categoría | Película | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Premio de interpretación masculina ó mellor actor | Los abrazos rotos | Candidato |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.