Tabaqueira anatómica é un termo anatómico que define unha depresión triangular situada na zona posteromedial do pulso e do primeiro metacarpiano. Está formada polos tendóns extensores que se dirixen ao dedo polgar. O seu nome débese a que neste punto era onde clasicamente se apoiaba o tabaco en po ou rapé, que se inhalaba polo nariz. A base do triángulo está no pulso e o vértice diríxese ao polgar. É máis evidente se se estira o dedo.
- O bordo lateral está formado polos tendóns do músculo abdutor longo do polgar e do extensor curto do polgar.
- O bordo medial está constituído polo tendón do músculo extensor radial longo do carpo
- O chan fórmano o escafoide, o trapecio e os tendóns do músculo extensor radial longo do carpo e do músculo extensor radial curto do carpo.
![Thumb](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2b/TabaqueiraAnatomica.jpg/640px-TabaqueiraAnatomica.jpg)
A arteria radial segue un curso oblicuo pola tabaqueira anatómica, situada nun plano fondo aos tendóns dos extensores do polgar, e adxacente ao escafoide e ao trapecio.
As zonas terminais da rama superficial da arteria radial sitúanse nun plano subcutáneo na tabaqueira, ao igual que a orixe da vea cefálica, do arco venoso dorsal da man.
Véxase tamén
Imaxes
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.