Environmental Research Satellites
Familia de satélites artificiais de investigación dos Estados Unidos. / From Wikipedia, the free encyclopedia
Environmental Research Satellites, ou abreviadamente ERS, foi o nome dun tipo de satélites artificiais estadounidense adicado á realización de medicións e experimentos tecnolóxicos e de enxeñería no espazo.[1][2][3][4][5][6][7]
Segundo o modelo, os satélites ERS variaban en masa de 0,7 a 45 kg, en tamaño de 22 a 51 cm de diámetro, e podían levar entre un e 14 experimentos a bordo. Para abaratar custos, os satélites ERS eran lanzados como carga secundaria xunto con satélites máis grandes. Unha das funcións principais dos experimentos dos ERS era determinar a fiabilidade de compoñentes mellorados e subsistemas destinados a ser usados en satélites posteriores.[1][2][3][4][5][6][7]
Unha características especial dos satélites ERS era que funcionaban sen batería, tan só usaban células solares integradas na superficie dos satélites.[1][2][3][4][5][6][7]
Lanzáronse ata 33 satélites do tipo ERS tanto desde a base de Cabo Cañaveral como desde a Base Vandenberg da Forza Aérea e mediante foguetes Atlas e Delta.[1][2][3][4][5][6][7][8]
Os ERS dividíanse en diferentes familias que usaban diferentes designacións:
- TRS (Tetrahedron Research Satellite): foron dos primeiros satélites ERS e tiñan forma tetraédrica.
- ORS (Octahedron Research Satellite): tiñan forma octaédrica.
- OV5 (Orbiting Vehicle).
- TTS (Test and Training Satellite).
Varios dos satélites non se lanzaron por ser prototipos ou non se dispón de información sobre eles. Son os ERS 11 (prototipo) e os ERS 14, 19 e do 22 ao 25 inclusive (sen datos).[8]