![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f7/Tatu_at_VivaComet_2008_%2528cropped%2529.jpg/640px-Tatu_at_VivaComet_2008_%2528cropped%2529.jpg&w=640&q=50)
t.A.T.u.
From Wikipedia, the free encyclopedia
t.A.T.u. (en ruso, t.A.T.y) é un dúo ruso formado en Moscova en 1999 por Ivan Shapovalov. O grupo está integrado polas cantantes Lena Katina e Yulia Vólkova. É a banda de Rusia de maior éxito de todos os tempos, vendendo millóns dos seus álbums en todo o mundo. t.A.T.u, no seu documental de 2003 Anatomy of t.A.T.u deixou en claro que non eran lesbianas, que isto era só unha imaxe e que en realidade non o eran aínda que elas apoian o amor sen fronteiras.
![]() | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Moscova, Rusia ![]() |
Período | 1999 – 2009 |
Xénero(s) | Electrónica Pop electrónico Rock electrónico Rock alternativo Dream pop Dance pop |
Selo(s) discográfico(s) | Universal Music Interscope Records(2002-2006) T.A. Music (2006) |
Membros | Lena Katina Yulia Vólkova Membros da banda: Troy MacCubbin, guitarra Sven Martin, teclado Domen Vajevec, baixo Steve Wilson, batería |
Antigos membros | Roman Ratej, batería (2002-2005) |
Na rede | |
t.A.T.u. Páxina oficial | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
En 2004 o grupo tomou un descanso logo de separarse do seu produtor. En 2005 lanzaron Dangerous and Moving e Lyudi Invalidi. Durante o ano 2006 t.A.T.u. publicou un álbum recompilatorio chamado The Best e logo aventurouse pola súa conta, logo da negociación do seu contrato con Universal. O 15 de decembro de 2009, o dúo lanzou dixitalmente o seu terceiro disco, Waste Management. E en febreiro de 2010, o álbum físico foi lanzado no Brasil, a Arxentina e Chile.
En marzo de 2009, o seu representante anunciou que t.A.T.u. deixaría de ser un proxecto a tempo completo, tras lanzar o seu último single "Snowfalls", pois ambas mozas comezarían as súas carreiras en solitario.