Túnel do amor de Klevan
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Túnel do amor (ucraíno: Туне́ль Коха́ння, Tunel Kokhannya) é unha vía verde situada en Klevan, en Ucraína. Segue un antigo camiño de ferro industrial en desuso pero ininterrompido, onde unha densa vexetación composta de árbores e arbustos entrelazados forma un túnel a través do bosque.[1]
Datos rápidos Presentación, Nome local ...
Túnel do amor | |
---|---|
Vista do Túnel do amor de Klevan | |
Presentación | |
Nome local | Тунель Кохання |
Localización | Klevan, ![]() |
Coordenadas | |
Uso(s) | Industrial e turístico |
Dimensións | |
Lonxitude | Entre 3 e 4,9 km |
Pechar
Este camiño, duns poucos quilómetros de lonxitude, é coñecido por ser un lugar romántico reservado para paseos amorosos,[2] e que tamén se fixo popular entre os turistas.
O antigo ferrocarril permitía abastecer ás fábricas de materias primas. O lento paso dos vagóns permitiu así conformar a paisaxe creando un oco sen a intervención do home para realizar labores de roza na vía.