From Wikipedia, the free encyclopedia
System of a Down (denominada habitualmente SOAD ou System) é unha banda estadounidense de metal alternativo formada nos Ánxeles (California) en 1994. Está composta por Serj Tankian (voz), Daron Malakian (guitarra/voz), Shavo Odadjian (baixo) e John Dolmayan (batería), sendo os catro de ascendencia armenia.
System of a Down | |
---|---|
Orixe | Os Ánxeles, California, Estados Unidos |
Período | 1995 - 2006 2011 |
Xénero(s) | metal alternativo, rock progresivo, hard rock, rock experimental |
Selo(s) discográfico(s) | Sony BMG |
Membros | Serj Tankian Daron Malakian Shavo Odadjian John Dolmayan |
Antigos membros | Andy Khachaturian |
Artistas relacionados | Scars on Broadway, The F.C.C., Mt. Helium, AcHoZeN |
Na rede | |
www.systemofadown.com/ | |
A banda editou cinco álbums de estudio; tres dos cales estreáronse no número 1 da lista Billboard 200. System of a Down foi nomeado para catro Grammy, e gañou o premio á mellor actuación hard rock no 2006, polo tema "B.Y.O.B.". O 13 de agosto dese ano o grupo entrou nun hiato indefinido, pero anunciou unha reunión o 29 de novembro do 2010, realizando varios concertos en festivais europeos o ano seguinte. A xira de reunión continuou a través de Norteamérica e Suramérica con varias datas anunciadas ao longo dese verán.
Trátase dun dos grupos máis intelixentes e creativos da escena do Alternative Metal norteamericano. Todas as etiquetas quédanse curtas para definir System of a Down. Metal, Hard core, hip hop, gótico, folclore armenio e ritmos étnicos enlázanse dunha maneira sorprendente e absolutamente innovadora na música do cuarteto dos Ánxeles. Hai que engadir ademais as súas potentes liñas melódicas e as súas letras cargadas de poesía e de comentarios políticos e sociais. En 1993, Serj Tankian e Daron Malakian coincidiron nun estudo de gravación. Ambos compartían as mesmas ideas e as mesmas orixes armenias e decidiron unir os seus talentos musicais. Daquel encontro naceu un grupo -inicialmente chamado Soil- coa intención de demostrar ó mundo que aínda quedan cousas novas que facer no mundo da música. A formación quedou completa con Shavo Odadjian, un amigo e seareiro que decidiu tocar o baixo, e o batería John Dolmayan. Unha maqueta con tres temas fíxoos populares nos ambientes heavys californianos e Rick Rubin (o produtor de Slayer, Red Hot Chili Peppers, Danzig e os Beastie Boys) decidiu fichalos para o seu selo American Recordings. As súas expectativas non se viron defraudadas, xa que a fórmula social e musical deulles, dende o lanzamento do seu primeiro álbum, en 1998, un considerábel éxito, tanto de público, que fixo de System of a Down disco de platino, como dos críticos musicais. O seu segundo álbum, Toxicity, lanzounos internacionalmente e consagrounos como unha banda orixinal e transgresora. Non defraudou o seu terceiro traballo, Steal this álbum!, que seguía a liña do grupo sen deixar de ser orixinal. No 2005 sacan dous traballos, que en realidade trátase dun disco dobre: Mezmerize e Hypnotize. Estes dous álbums están tan vencellados entre si, que os seus dous títulos mesmo son sinónimos: significan "hipnotizar".
Foi elixida a mellor banda alternativa de rock nos MTV Awards celebrados en Lisboa. En maio do 2006 anunciaron que farían unha paréntese duns cantos anos, pero desmentiron que se fosen separar.
O 29 de novembro do 2010 System of a Down anunciou oficialmente que se reuniría para tocar en varios festivais europeos en xuño do 2011. Entre estes incluíanse o Download Festival británico, Greenfield Festival en Suíza, os alemáns Rock am Ring/Rock im Park, o sueco Metaltown, o austríaco Nova Rock Festival e o finés Provinssirock.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: System of a Down |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.