arcebispo maior de Kiev-Galicia da Igrexa católica ucraína From Wikipedia, the free encyclopedia
Sviatoslav Shevchuk (en ucraíno: Святослав Шевчук), nado en Stryi, RSS de Ucraína o 5 de maio de 1970, é un eclesiástico católico ucraíno que dende o 25 de marzo de 2011 é o arcebispo maior de Kíiv-Galicia e arcebispo metropolita de Kíiv e, xa que logo, cabeza da Igrexa católica bizantina ucraína.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (uk) Святослав Юрійович Шевчук 5 de maio de 1970 (54 anos) Stryi, Ucraína |
Arcebispo maior (pt) | |
25 de marzo de 2011 – ← Liubomyr Huzar | |
Arcebispo católico | |
25 de marzo de 2011 – | |
Administrador apostólico | |
10 de abril de 2010 – | |
Bispo Católico Grego Ucraniano (pt) | |
7 de abril de 2009 – | |
Bispo auxiliar | |
14 de xaneiro de 2009 – | |
Bispo titular | |
14 de xaneiro de 2009 – Diocese: Castra Galbae (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Ucraína |
Relixión | Igrexa católica bizantina ucraína |
Educación | Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino |
Actividade | |
Ocupación | presbítero greco-católico (1994–), diácono (1994–), diácono transicional (pt) (1994–), teólogo |
Lingua | Lingua ucraína |
Consagración | Ihor Vozniak |
Premios | |
Sviatoslav Shevchuk foi ordenado sacerdote o 26 de xuño de 1994, logo de estudar no seminario clandestino ucraíno entre 1983 e 1989. Entre 2002 e 2005 traballou como secretario xefe do Arcebispo Maior Liubomyr Huzar.[1] En 2006 obtivo un doutoramento en teoloxía pola Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino, e foi reitor do seminario de Lviv.[2]
O 14 de xaneiro de 2009 foi nomeado bispo auxiliar da eparquía de Buenos Aires e consagrado bispo o 7 de abril do mesmo ano polo arcebispo Ihor Vozniak. O 10 de abril de 2010 foi nomeado administrador apostólico da mesma diocese.[3] Ademais de ucraíno, coñece o castelán, polaco, ruso, inglés, italiano, grego, latín e eslavo antigo.
O 23 de marzo de 2011 foi elixido Arcebispo Maior da Igrexa Católica Bizantina Ucraína logo da renuncia de Liubomyr Huzar. Esta decisión foi confirmada polo papa Bieito XVI o 25 de marzo de 2011.[4][5]
O 29 de marzo de 2011 o Arcebispo Maior Shevchuk dixo nunha conferencia de prensa en Kíiv que ía visitar o Santo Pai e que o Sínodo dos Bispos da ICBU preparara unha serie de propostas ao papa, entre elas a posibilidade de elevar á Igrexa Ucraína ao rango de patriarcado.[6] O 12 de xuño de 2012 Sviatoslav Shevchuk foi nomeado membro do Consello Pontificio para a Promoción da Unidade dos Cristiáns.[7]
O 1 de outubro de 2017 celebrou a Divina Liturxia en Minsk nun templo greco-católico belaruso; foi primeira vez dende a supresión da Unión que o metropolita de Kíiv celebraba no territorio de Belarús.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.