Superliga española de voleibol feminino
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Superliga Femenina de Voleibol (SFV) ou División de Honra é a máxima categoría do voleibol español en categoría feminina. Está organizada pola Real Federación Española de Voleibol (RFEVB). Na tempada 2007-08 a liga reduciu o número de equipos de 14 a 12, formándose unha nova categoría denominada Superliga 2 feminina ou División de Honra B.
Tipo | liga deportiva ![]() |
---|---|
Deporte | Voleibol ![]() |
Organizador | Real Federação Espanhola de Voleibol (pt) ![]() ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Vixencia | 1969 – ![]() |
Calendario da tempada | outubro – ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | rfevb.com… ![]() |
En paralelo, os equipos xuvenís disputan, tamén dende a tempada 2007-08, a Superliga Júnior Feminina, competindo en catro xornadas en torneos cuadrangulares e cuxa fase final é celebrada coa Copa da Raíña.
Dende a tempada 2008-09, cada equipo debe contar durante toda a tempada, como mínimo, con dez xogadoras, das cales un mínimo de cinco deben ser xogadoras cuxa federación de orixe sexa a RFEVB, e como máximo a nove que non o sexan, aínda que destas últimas só poderán convocar a seis para cada partido.[1]