Supercopa de Europa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Supercopa de Europa da UEFA é unha competición futbolística organizada pola UEFA que enfronta aos campións das dúas máximas competicións europeas de clubs, o campión da Liga de Campións (Champions League) e o da UEFA Europa League.
Nome na lingua orixinal | (en) UEFA Super Cup |
---|---|
Tipo | international association football clubs super cup (en) |
Deporte | fútbol |
Organizador | UEFA |
Número de participantes | 25 2 |
Localización e Datas | |
Localización | Europa 48°41′27″N 9°08′26″L |
Vixencia | 1972 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Organización | |
Presidente | Aleksander Ceferin (pt) (2016–) |
Competición | |
Primeiro posto | Manchester City (1º) |
Outro | |
Páxina web oficial | uefa.com… |
Inaugurouse en 1972 (aínda que non foi oficial se non ata 1973) e ata 1999 enfrontaba ao campión da Copa de Europa (hoxe Liga de Campións) e ao campión da Recopa de Europa, hoxe xa desaparecida competición. A final disputouse a dobre partido ata 1997.
Dende 1998, o trofeo xogabase a partido único a finais de agosto no Estadio Lois II de Mónaco, na véspera do sorteo das competicións europeas da nova tempada. Mais dende o ano 2012, isto cambiou e o partido disputase nalgunha outra sede europea. A final da Supercopa supón o inicio oficial da tempada das competicións europeas.
O actual campión da Supercopa da UEFA é o Atlético de Madrid. Os equipos con máis trofeos gañados son o AC Milan italiano e o FC Barcelona, empatados con 5 cetros.