From Wikipedia, the free encyclopedia
Sumur foi un importante porto fenicio situado ao norte da moderna Trípoli e moi próxima (unha chisca ao sur) da moderna Tartus, na chaira chamada de Akkar, na zona raiana moderna entre o Líbano e Siria. É a moderna Tell Kazel e foi escavada.
Tuthmosis III na súa segunda expedición a Siria construíu unha frota para levar as tropas por mar, desembarcando na rexión do Líbano, onde ocuparon Ullaza (poucos km ao norte da moderna Trípoli) que pertencía a Tunip, vasalo de Mitanni; desde Ullaza capturou a non afastada cidade de Ardata. A frota tamén conquistou Sumur, igualmente de Tunip. Ullaza, Sumur, Ardata e Irqata (tamén nesta zona) serían os puntos chaves do dominio exipcio en Siria.
O xefe dos apiru, Abdi-Asirta, apoderárase de case todo Biblos e o rei xa só conservaba a cidade capital e dúas cidades máis e as outras cidades e aldeas xa estaban en mans dos apiru. Naquel momento, nun inesperado ataque, o príncipe de Sehlal, Yamaya, apoderouse de Sumur, mentres o gobernador Pahanate, estaba de viaxe en Exipto. Entón Abdi-Asirta aproveitou a ocasión e atacou Sumur, derrotou a Yamaya e apoderouse da cidade. Con todo iso Abdi-Asirta puido asegurar que era un leal vasalo de Exipto e que ocupara Sumur por protexela do asalto de Yamaya, e acabou obtendo o recoñecemento exipcio.
Sumur foi recuperada polos exipcios á morte de Abdi-Asirta, pero máis tarde o seu fillo Aziru recuperouna e formou parte do Reino de Amurru cando este se constituíu como vasalo hitita sobre o -1330.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.